tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 5, C2, C4, P1 e P2 por corte na rúa Anxo Casal (sábado 21/7 de 8:00 a 19:00)

18/07/18

O sábado 21 de xullo, de 8:00 a 19:00, cortarase ao tráfico a rúa Anxo Casal en sentido de saída desde a estación de autobuses á praza da Paz:

Neste horario, as liñas 5, C2, C4, P1 e P2, despois de realizar a parada da estación de autobuses, desviaranse por avda. Rodríguez de Viguri, cambio de sentido na rotonda de Concheiros, pza. de España, San Caetano, retomando os seus itinerarios novamente a partir da praza da Paz.

Quedará suprimida a parada situada na rúa Anxo Casal, en sentido de saída da estación de autobuses.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.