tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico na rúa de San Pedro (xoves 19/7, de 21:00 ata fin do servizo)

16/07/18
Con motivo dun concerto que terá lugar na praza 8 de marzo, a liña C11 realizará o seguinte desvío:

O xoves 19 de xullo, entre as 21:00 e a 1:30, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.

Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas pola liña C11.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.