tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizos de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" (Cidade da Cultura, xullo e agosto de 2018)

04/07/18

Informamos dos servizos de transporte con motivo dos concertos que terán lugar na Cidade da Cultura, enmarcados no ciclo "Atardecer no Gaiás", os xoves, venres e sábados durante os meses de xullo e agosto:

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coas liñas 9 e C11 (esta última, con prolongación os sábados pola tarde). No enlace adxunto poden consultar os seus horarios e itinerario.

Para a volta tras a finalización dos concertos, haberá un autobús que realizará o percorrido desde a Cidade da Cultura ata a praza de Galicia por Fontiñas, San Roque e Virxe da Cerca.

O horario de saída da CDC para cada un dos días é o seguinte:

*Mes de xullo:

Xoves 5 e venres 6: 0:30 h.

Sábado 7, xoves 12, venres 13 e sábado 14: 23:00 h.

Xoves 19: 0:30 h.

Venres 20, sábado 21, xoves 26, venres 27 e sábado 28: 23:00 h.

*Mes de agosto:

Xoves 2, venres 3 e sábado 4: 23:00 h.

Xoves 9: 0:30 h.

Venres 10, sábado 11, xoves 16 e venres 17: 23:00 h.

Sábado 18: 0:30 h.


Ligazóns