tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 28 e sábado 29 de xuño de 2019)

25/06/19

Con motivo das festas do barrio de San Pedro, as liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:

O venres 28 de xuño entre as 19:00 e as 21:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.

O sábado 29 de xuño, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.

*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).

*Desvío sentido sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):

O sábado 29, no momento do corte da rúa Concheiros, as liñas 9, 13 e C5 desviaranse pola avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.

Paradas suprimidas:
-196  Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para as liñas 9 e C5: rúa Berlín; para a liña 13: avda. de Lugo, xulgados).

-220 Cruceiro de San Pedro.

-154  Campo da Angustia.

-557  San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-639  Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).



Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.