tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de verán 2018 no transporte urbano

21/06/18

O luns 25 de xuño entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano.

Este verán mantéñense os mesmos horarios que o pasado ano, coa inclusión de novos servizos de transporte na liña P8, a petición da AA.VV. de Villestro, que consiste no mantemento do servizo das 14:40 (ida) e 15:15 (volta) tamén no verán, e a mudanza no servizo das 17:00 ás 18:30 horas.

A partir de hoxe mesmo ponse a disposición das usuarias e usuarios o folleto informativo na nosa páxina web www.tussa.org. Poden consultalo no enlace adxunto.

Ademáis, editaranse folletos informativos, disponibles nos propios autobuses a partir de mañá venres.

Lembramos que contan coa aplicación móbil maisbus, así como o teléfono 981 58 18 15 os 365 días do ano, no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada. Consulte calquera dúbida nos nosos perfís de twitter e facebook.