tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 6 e 12 por corte de tráfico nos Tilos (mércores 31/1 e xoves 1/2)

30/01/18

Debido a un corte de tráfico na rúa Carballo na urbanización Os Tilos, as liñas 6 e 12 realizarán o seguinte desvío nos horarios indicados:

*Mércores 31 de xaneiro e xoves 1 de febreiro, de 8:30 a 14:30 os dous días:

En sentido de saída da urbanización, despois de realizar a parada próxima ao hotel, os autobuses desviaranse polas rúas do Loureiro e Ameneiro para acceder á estrada AC-841.

Quedará suprimida nestes horarios a parada 354, na marquesiña situada na saída da urbanización. Os usuarios poden empregar a parada 340 ao carón do hotel.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.