tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos puntuais nas liñas 9, 13, C5 e C11 (martes 30/1/2018, 16:00 a 16:30)

29/01/18

Con motivo da II Marcha pola Paz, que terá lugar o martes 30 de xaneiro na zona do barrio de San Pedro, algunhas liñas poden ter desvíos puntuais:

A marcha iniciarase ás 16:00 e ten unha duración estimada duns 25 minutos. O percorrido é: Cruceiro de San Pedro, Angustia, Carricova, rúa do Medio, Travesa de S. Pedro, rúa de S. Pedro, Cruceiro de S. Pedro, Lagartos, Trisca e Corredoira das Fraguas.

*Liña C11: nos minutos en que estea cortada ao tráfico a rúa de San Pedro, a liña desviarase por San Roque, Pastoriza e avda. Rodríguez de Viguri ata a rotonda de Concheiros.

*Liñas 9, 13 e C5: nos momentos en que estea cortado o acceso a Concheiros e rúa da Angustia, os autobuses desviaranse por avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza e San Roque.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.