tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 5/5/2018)

02/05/18
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Monbus Obradoiro o sábado 5 de maio:

Haberá un servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 18:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 18:05, 18:15, 18:30 e 18:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).