tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa de San Pedro (sábado 23/12 entre as 6:30 e as 9:00)

21/12/17

Con motivo do corte ao tráfico da rúa de San Pedro, entre as 6:30 e as 9:00 do sábado 23 de decembro, a liña C11 realizará o seguinte desvío:

No momento de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 será desviada pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:
-397 Porta do Camiño.

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64.

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas pola liña a demanda de usuarios.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.