tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

CARACTERIZACIÓN DAS NOVAS LIÑAS DE TRANSPORTE URBANO

Presentación da nova rede de transporte do Concello de Santiago de Compostela

23/11/17
  1. A nova rede de transporte foi presentada publicamente o 21 de novembro de 2017 polo concelleiro de Espazos cidadáns e mobilidade nunha reunión do Pacto Local pola Mobilidade celebrada no Auditorio de Galicia. 

Neste visor pódese consultar o percorrido das liñas de autobús urbano que existen na actualidade, así como as novas liñas que van formar parte do novo contrato que o Concello de Santiago de Compostela vai licitar.

Cada liña está composta dun itinerario base ou principal e ademais, nalgúns casos, de unha ou varias extensións. Estas extensións serven para dar cobertura ás zonas periféricas da cidade.

A nova concesión do transporte público prevé dous períodos de funcionamento:

  • -  Período transitorio: Até o 31 de decembro de 2019.

  • -  Período definitivo: A partir do 1 de xaneiro de 2020.

    Esta diferenciación vén motivada porque a partir do 2020 o Concello poderá asumir as competencias sobre as catro concesións da Xunta de Galicia que funcionan na actualidade, así como sobre a liña do aeroporto.

  • -  No período transitorio convivirán 15 liñas. Delas, 10 estarán preparadas para absorber no horizonte do 2020 as catro concesións autonómicas e unha liña periférica.

  • -  No período definitivo  manteranse esas 10 liñas reunificadas máis a liña do aeroporto, 11 liñas en total.

    A previsión municipal é que a licitación se resolva no primeiro semestre do 2018 e que entre setembro e decembro de 2018 comece a operar a nova concesionaria. 

     Á marxe da concesión do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros o Concello prepara tamén un servizo rural á demanda que leve dea cobertura a todas as parroquias do rural, fóra do centro urbano, tanto as que xa tiñan algún servizo residual como a aquelas que nunca tiveron transporte público. Os itinerarios do transporte rural á demanda tamén se poden consultar no visor, e a previsión municipal é que comecen a operar conxuntamente co transporte urbano.