tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

REFORZOS NO TRANSPORTE URBANO

Servizos de reforzo no transporte urbano o mércores 1 de novembro de 2017

31/10/17

Veranse reforzadas as seguintes liñas do transporte urbano:

*Liña 1: a liña contará cunha frecuencia de paso de 16 minutos entre as 9:00 e as 20:00. O resto do día, a frecuencia será a dun día festivo (cada 30 minutos). Este reforzo terá lugar o mércores 1 de novembro.

O martes 31 de outubro todas as liñas do transporte urbano terán horario de día laborable (liña 1 cada 16 minutos).

*Liña C11: o mércores 1 de novembro, a liña terá reforzo en horario de mañá, con pasos cada 15-20 minutos entre as 10:00 e as 15:30, e pasos cada 20 minutos a partir das 15:30.

As restantes liñas do transporte urbano, o 1 de novembro terán horario de domingos e festivos ao longo de todo o día.