tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte na rúa Seoane en Amio (mércores 27/9/2017)

25/09/17
Por un corte de tráfico na rúa Seoane en Amio, as liñas C5 e C6 realizarán os desvíos indicados, o mércores 27 de setembro de 8:30 a 20:00

(horario de finalización aproximado):

*Sentido terminal Polígono Costa Vella: itinerario habitual por rúa Porto do Medio, rúa da Mira e desvío por rúa da Pena Corveira, rúa da Campiña, rúa de Amio, rúa da Carballa, rúa País Vasco ata a terminal na rúa Eslovenia (lateral Decathlon).

Quedan suprimidas as seguintes paradas:

-470, rúa da Mira 1 (alternativa no cruce de desvío a Pena Corveira).

-471, rúa da Mira 2.

-472, rúa da Mira 3.

(as liñas realizarán as tres paradas da rúa da Mira cando vaian en sentido centro cidade).

-507, rúa de Amio nº 48 (alternativa no cruce Amio-País Vasco).

*Sentido centro cidade: itinerario habitual desde a cabeceira da liña, Feira de Amio, rúa de Amio, desvío por rúa da Campiña, rúa da Pena Corveira, rúa da Mira e retoma o itinerario sentido centro na rúa Mariñeira.

Quedan suprimidas as seguintes paradas:

-688, rúa de Amio nº 51 (as liñas realizarán as paradas neste cruce cando vaian en sentido terminal de polígono).

-506, rúa de Amio (alternativa na rúa da Mariñeira).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.