tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos nas liñas por corte na rúa Virxe da Cerca (domingo 24/9 de 7:00 a 15:00)

20/09/17
Con motivo das actividades que terán lugar na Semana Europea da Mobilidade en Santiago, o sábado e o domingo haberá restricións ao tráfico que afectarán ás liñas de transporte urbano:

*Sábado 23: produciranse cortes puntuais de tráfico con motivo dunha actividade ciclista a partir das 11:00, que sairá da Alameda chegando á zona da Rocha e Milladoiro, para rematar á volta en Conxo.

*Domingo 24: produciranse cortes puntuais de tráfico con motivo dunha actividade ciclista entre as 12:00 e as 13:00. As rúas afectadas por estes cortes puntuais son: Virxe da Cerca, San Pedro, Angustia, Bonaval, Valle Inclán, San Roque, Basquiños, Espíritu Santo, Xoán XXIII, Entrerríos, Galeras, Poza de Bar, Campus Sur, Feáns, pza. de Vigo, rúa Nova de Abaixo, Montero Ríos, Xeneral Pardiñas, Senra e Ensinanza.

Tamén o domingo, entre as 7:00 e as 15:00, producirase o corte total de tráfico na rúa Virxe da Cerca, polo que as liñas seguintes realizarán desvíos neste horario de corte:

*Sentido sur: desde a zona de San Caetano e estación de autobuses, irán pola avda. de Lugo e Hórreo desde onde continuarán cós seus itinerarios habituais. Este desvío afecta ás liñas 1, 4, 5, 6, 8, P1 e P2.

Quedarán suprimidas todas as paradas de rúa Pastoriza, Santa Clara, San Roque, Virxe da Cerca e Fonte de San Antonio.

*Sentido norte: desde Hórreo e Senra, irán por Pza. de Galicia, Doutor Teixeiro, avda. de Lugo ata Rodríguez de Viguri, estación de autobuses e Anxo Casal, desde onde retomarán os seus itinerarios. Este desvío afecta ás liñas 1, 4, 5, 6, 8, P1 e P2.

As paradas suprimidas neste sentido son Ensinanza, Virxe da Cerca, San Roque, Basquiños e Pastoriza.

As liñas 7 e P3 non accederán á Rúa Valle Inclán nin a Virxe da Cerca, polo que a parada terminal e cabeceira será na Pza. de Galicia, Banco de Santander.

A liña C11 rematará o percorrido no centro na pza. de Galicia, desde onde voltará a Fontiñas por Doutor Teixeiro e avda. de Lugo.

Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán realizadas polas liñas desviadas a demanda de usuarios.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.