tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos nas liñas por corte na rúa das Rodas (a partir do martes 1/8/2017)

28/07/17
A rúa das Rodas cortarase ao tráfico nos dous sentidos de circulación, a partir do martes 1 de agosto ás 8:30 e con previsión de reapertura o martes 8 pola tarde

. Este corte afectará á práctica totalidade das liñas do transporte urbano.

Liñas sen desvíos polo corte: liñas 12, C2, C4 e C11.

1. As liñas circulando en sentido sur (desde Pastoriza e San Roque ata Virxe da Cerca) realizarán o percorrido pola rúa Valle Inclán (habilítase o doble sentido de circulación nesta rúa ata o cruce con Bonaval). Non se suprimen paradas neste sentido.

2. En sentido norte:

Quedan suprimidas (para todas as liñas) as paradas: (572) San Roque, La Salle; (125) Basquiños nº 28; (367) Pastoriza nº 22.

Os autobuses desviados circularán polo desvío sen realizar paradas, coa excepción das paradas indicadas como alternativas en cada liña.

Desvíos e paradas alternativas por liña:

*Liñas 1, 4, P4, P6: desde Virxe da Cerca (pza. de abastos) desviarase pola rúa de San Pedro, Concheiros, Rodríguez de Viguri, cambio de sentido e acceso á estación, Anxo Casal e percorrido habitual desde a rúa de San Caetano. Paradas alternativas ás suprimidas: Porta do Camiño e San Caetano.

*Liña 5: desde Virxe da Cerca (pza. de abastos) desviarase pola rúa de San Pedro, Concheiros, Rodríguez de Viguri, cambio de sentido e acceso á estación, retomando o seu itinerario habitual en sentido Vite na parada da estación de autobuses. Paradas alternativas ás suprimidas: Porta do Camiño e rúa Ánxo Casal (saída da estación).

*Liñas 6, 9, 13, C6: desde Virxe da Cerca (pza. de abastos) desviarase pola rúa de San Pedro e Concheiros, retomando os seus itinerarios en Fonte dos Concheiros (L6), rúa Berlín (L9 e C6), avda. Lugo (L13). A maiores das paradas suprimidas para todas as liñas, para estas liñas se suprimen tamén: (47) Anxo Casal; (533) Rodríguez de Viguri, estación; (535) Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros. Paradas alternativas ás suprimidas: Porta do Camiño e Concheiros nº 64 (anterior á rotonda).

As liñas 9, 13 e C5 no sentido sur de circulación (de Bonaval a Virxe da Cerca) ao rematar Bonaval xirarán á esquerda cara Porta do Camiño. Suprímese a parada de rúa Valle Inclán (cruce con San Roque).

*Liña 8: desde Virxe da Cerca (pza. de abastos) desviarase pola rúa de San Pedro, Concheiros, Rodríguez de Viguri, cambio de sentido e acceso á estación, Anxo Casal, retomando o seu itinerario habitual en sentido Guadalupe na parada da avda. de Castelao. Paradas alternativas ás suprimidas: Porta do Camiño e rúa Ánxo Casal (saída da estación).

*Liña 15: desde Virxe da Cerca (pza. de abastos) desviarase pola rúa de San Pedro, Concheiros, Rodríguez de Viguri, cambio de sentido e acceso á estación, Anxo Casal, Pastoriza, Basquiños e percorrido habitual desde a avda. de Coimbra. Paradas alternativas ás suprimidas: Porta do Camiño e avda. de Coimbra nº 2.

*Liñas P1 e P2: desde Virxe da Cerca (pza. de abastos) desviarase pola rúa de San Pedro, Concheiros, Rodríguez de Viguri, cambio de sentido e acceso á estación, rematando o seu itinerario na parada terminal da estación de autobuses. A maiores das paradas suprimidas para todas as liñas, para estas liñas se suprime tamén: (47) Anxo Casal. Paradas alternativas ás suprimidas: Porta do Camiño e estación de autobuses).

3. Liñas que rematan traxecto e cambian sentido na rúa Valle Inclán/Rodas:

*Liñas 7, P3, P7 e P8: estas catro liñas desde Virxe da Cerca non poderán acceder á rúa Valle Inclán, desviaranse por San Pedro, Concheiros, Rodríguez de Viguri, cambio de sentido e acceso á estación, Anxo Casal, Pastoriza, Basquiños, San Roque e rúa Valle Inclán de baixada, desde onde realizarán a parada cabeceira para volver a saír a Virxe da Cerca. A espera de regulación, de ser o caso, realizarase no percorrido intermedio, saíndo de Valle Inclán á hora marcada por cada liña.

 

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.