tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

REFORZOS NO TRANSPORTE URBANO

Servizos de reforzo nas liñas 1 e 6 para o día 25 de xullo

20/07/17

Consulten os servizos de reforzo nas liñas 1 e 6 para o día 25 de xullo de 2017, con motivo da festividade do Apóstolo.

*Liña 1: reforzo en horario de mañá, ata as 15:00.

-Saídas do cemiterio de Boisaca: 7:30, 8:00, 8:20 e cada 20 minutos ata as 15:00. A partir das 15:00, cada 30 minutos.

-Saídas do hospital Clínico: desde as 8:00 ata as 15:00, cada 20 minutos. A partir das 15:00, cada 30 minutos.

Os servizos con saída do hospital Clínico en horario de mañá, realizarán prolongación pola rúa de Amio ata o acceso ao recinto feiral.

*Liña 6: reforzo ao longo de todo o día.

Os horarios na liña 6 para este día serán como os de un festivo na tempada de inverno, cunha frecuencia de 30 minutos ao longo de todo o día.

-Saídas de San Marcos: de 7:30 a 23:00, cada 30 minutos (por Amio, ás 8:00 e ás 11:00; por Asilo, ás 16:30).

-Saídas de Os Tilos: de 7:15 a 22:45, cada 30 minutos (por Amio, o servizo das 22:15).

 

*As restantes liñas do transporte urbano terán o día 25 horarios de festivo ao longo de todo o día.