tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 30 de xuño e sábado 1 de xullo)

30/06/17
Con motivo das festas do barrio de San Pedro, as liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:
O venres 30 de xuño, durante 30 minutos entre as 19:00 e as 21:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.

O sábado 1 de xullo, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.

*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 será desviada pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño.

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64.

*Desvío sentido sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):

O sábado día 1, no momento do corte da rúa Concheiros, as liñas 9, 13 e C5 serán desviadas pola avda.  Rodríguez de Viguri, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.

Paradas suprimidas:

-196  Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para liñas 9 e C5: rúa Berlín; para liña 13: Avda. de Lugo, xulgados).

-220 Cruceiro de San Pedro.


-154  Campo da Angustia.



-557  San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).



-639  Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).


Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas. Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.