tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico en Rosalía de Castro (sábado 8 de abril, de 10:00 a 13:00)

07/04/17

Con motivo dun corte de tráfico na rúa Rosalía de Castro en sentido norte, o sábado 8 de abril, entre as 10:00 e as 13:00, as liñas que se indican realizarán o seguinte desvío:

Afectará ás liñas 1, 12, C2, P2 e P8 nos traxectos en sentido norte. As liñas que circulan en sentido sur (desde avda. Xoán Carlos I por Rosalía de Castro a praza de Vigo) non serán desviadas.

-Desde a parada situada en Rosalía de Castro, na confluencia con Romero Donallo, as liñas indicadas desviaranse por pza. de Vigo, avda. de Vilagarcía, República Arxentina, Xeneral Pardiñas e rúa da Senra.

Quedará suprimida neses traxectos a parada (112) avda. de Xoán Carlos I.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.