tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por cortes de tráfico na zona de Conxo (xoves 6/4/2017, de 15:30 a 18:00)

06/04/17

Con motivo dos cortes de tráfico na avda. de Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire que terán lugar o xoves 6 de abril entre as 15:30 e as 18:00, as liñas 5 e C2 realizarán os desvíos seguintes:

*Liña 5 sentido Rocha e liña C2: desviaranse pola avda. de Ferrol nos momentos en que permanezan cortadas ao tráfico as devanditas rúas.

Paradas suprimidas: (95) avda. Vilagarcía nº 26; (269) García Prieto nº 18-22; (270) García Prieto nº 64; (575) Sánchez Freire.

Paradas alternativas: os autobuses realizarán tres paradas alternativas na avda. de Ferrol, á altura das existentes nesa avenida en sentido centro cidade.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.