tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 18/3/2017)

15/03/17
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do R. Natura Monbus Obradoiro o sábado 18 de marzo ás 19:00 no multiusos Fontes do Sar:

Haberá un servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 18:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 18:05, 18:15 e 18:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).