tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na vía de servizo da avda. Cruceiro da Coruña (desde 29/11/2016)

29/11/16

Debido ao corte de tráfico que terá lugar no carril de servizo da avda. Cruceiro da Coruña, en dirección ao centro da cidade, as seguintes liñas realizarán o desvío que se indica:

*Nas primeiras horas da xornada do martes 29 non se agarda que se deixe de realizar ningunha das paradas habituais. Conforme avancen as obras no carril, verase afectada a parada 544 Salgueiriños (aparcadoiro). Cando aconteza e o tráfico non poda acceder ao carril de servizo á altura desa parada, os autobuses realizarán unha parada alternativa na confluencia das rúas Manuel María, Irmandiños e Camiños da Vida, nas inmediacións da marquesiña pola parte de atrás.

*Liñas afectadas e desvío:

Liña 1, liña 4 (prolongacións por Mallou), liña P2 (prolongacións a Son), liña P4 e liña P6.

Desde Meixonfrío, desviaranse pola rúa do Tambre, rúa do Río e rúa de Manuel María. Cando se corte o derradeiro treito do carril de servizo, desde Manuel María continuarán por rúa dos Irmandiños ata pza. de España, onde retomarán o seu itinerario habitual.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.