tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na rúa Bispo Diego Peláez (liñas 5 e 15)

18/08/16

A partir das 13:30 do xoves 18 de agosto e cunha duración estimada de 4 meses, con motivo dun corte de tráfico na rúa Bispo Diego Peláez, as liñas 5 e 15 realizarán desvíos na zona de Vite:

Non quedará suprimida ningunha das paradas habituais das dúas liñas.

Información de desvíos:

*Liña 5, dirección Vite: avda. de Castelao – parada 461, Bispo Diego Peláez (igrexa) – avda. Castelao dirección Vista Alegre - rúa Boiro e itinerario habitual por Gumersindo Busto Villanueva.

*Liña 5, dirección Rocha: saída da cabeceira en Vite, Roberto Vidal Bolaño – rúa de Boiro – rotonda de Avío – parada 63, avda. Castelao (xornalismo) e itinerario habitual subindo a avda. de Castelao.

*Liña 15: os servizos que rematan na avda. Castelao (xornalismo) non modifican o itinerario.

*Liña 15: os servizos con prolongación a Vite de Arriba, despois do Burgo das Nacións farán a parada 461, Bispo Diego Peláez (igrexa) – cambio de sentido no punto de corte das obras – rúa Ulpiano Villanueva (rúa da Escola Oficial de Idiomas) – e itinerario habitual ata Vite de Arriba. Á volta, baixarán de Vite de Arriba polo mesmo percorrido e o cambio de sentido para facer a parada 63, avda. de Castelao (xornalismo).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.