tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico no cruce entre as rúas Xeneral Pardiñas e Montero Ríos (de 15:30 a 18:30, martes 4/4/2017)

04/04/17
Con motivo do pintado do cruce entre as rúas Xeneral Pardiñas e Montero Ríos, as liñas 5, 13, 15, C11 e P6 realizarán o seguinte desvío (de 15:30 a 18:30 do martes 4 de abril):

Para todas as liñas, quedan suprimidas as seguintes paradas:

-673 Xeneral Pardiñas nº 35

-674 Xeneral Pardiñas nº 7

-409 Praza de Galicia (ferretería).

As paradas alternativas indícanse de seguido para cada liña:

*Liñas 5, 15 e P6: desde República Arxentina, desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e itinerario habitual pola rúa Fonte de Santo Antonio.

As paradas alternativas máis próximas ás tres suprimidas son:

-431 República Arxentina nº 26

-277 Rúa do Hórreo nº 23

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e itinerario habitual pola rúa Fonte de Santo Antonio.

As paradas alternativas máis próximas ás tres suprimidas son:

-226 Curros Enríquez

-277 Rúa do Hórreo nº 23

*Liña 13: rematará o seu traxecto na praza de Galicia, na parada ao carón do Banco de Santander, desde onde iniciará de novo o percorrido.

A parada alternativa máis próxima ás tres suprimidas é:

-410 Praza de Galicia nº 3

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.