tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir esta fin de semana aos partidos de fútbol no estadio de S. Lázaro e de baloncesto no multiusos de Sar (28 e 29 de marzo)

23/03/15
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido da SD Compostela o sábado 28 de marzo ás 18:00 no estadio de San Lázaro e do R. Natura Monbus Obradoiro o domingo 29 de marzo ás 12:15 no multiusos Fontes do Sar:

*Fútbol no estadio de San Lázaro (sábado 28/3/2015):

A liña 6 do transporte urbano incluirá no seu percorrido o estadio de San Lázaro, nos servizos con saída de Os Tilos ás 16:45, 17:15 e 17:45.

Ao remate do partido, os servizos con saída de San Marcos ás 20:00 e 20:30 accederán ao estadio para o regreso.

*Baloncesto no multiusos Fontes do Sar (domingo 29/3/2015):

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11:15.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 11:05 e 11:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.