tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte ao tráfico na rúa da Estrada

08/01/15

Debido a un corte de tráfico no derradeiro treito da rúa da Estrada, as liñas C5 e C6 realizarán o seguinte desvío:

*Liña C5:
Itinerario habitual por Restollal, rotonda de Castiñeiriño e Castiñeiriño nº 1, para desviarse por Paxonal e rúa Manuel Vázquez Cacharrón, retomando o seu itinerario na rúa Santasmariñas.



Paradas suprimidas liña C5: rúa da Estrada nº 74 e rúa da Estrada nº 28.

Paradas alternativas liña C5: Paxonal nº 63 e Paxonal nº 29-31.




*Liña C6:
Itinerario habitual por Picaños e Santasmariñas, para desviarse por rúa Manuel Vázquez Cacharrón e retomando o seu itinerario na rotonda inferior da vía de servizo do Paxonal.



Paradas suprimidas liña C6: rúa da Estrada nº 28, rúa da Estrada nº 76, Paxonal nº 63 e Paxonal nº 29-31.

Paradas alternativas liña C6: rúa da Estrada nº 4 e Paxonal (rotonda na confluencia coa rúa Canfranc).


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.