tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 7 por corte de tráfico (domingo 30/11/2014)

25/11/14

Con motivo dun corte de tráfico na rúa de Castrón Douro, o domingo 30 entre as 7:00 e as 11:00, o servizo da liña 7 con saída de Valle Inclán ás 10:00 realizará o seguinte desvío:

Itinerario habitual ata a praza de Galicia, para desviarse por rúa Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, rúa Antonio Casares, avda. de Lugo, rúa Bernardo Barreiro, rúa Curros Enríquez e itinerario habitual de novo por rúa Castrón Douro.

Quedará suprimida para o servizo das 10:00 da liña 7 a parada da rúa Patio de Madres. Os usuarios teñen como alternativa máis próxima a parada da rúa Fonte de Santo Antonio.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.