tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir este domingo aos partidos de baloncesto en Sar e de fútbol no estadio de S. Lázaro (2/11/2014)

29/10/14
Consulten os servizos de transporte para asistir este domingo día 2 de novembro aos partidos do R. Natura Monbus Obradoiro, ás 13:00 no multiusos Fontes do Sar, e da SD Compostela ás 17:00 no estadio de San Lázaro:

*Baloncesto no multiusos Fontes do Sar. Río Natura Monbus Obradoiro – Iberostar Tenerife (domingo 2/11/2014):

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 12:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 11:45 e 12:20. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro.

*Fútbol no estadio de San Lázaro. SD Compostela – Real Murcia (domingo 2/11/2014):

A liña 6 do transporte urbano incluirá no seu percorrido o estadio de San Lázaro, nos servizos con saída de Os Tilos ás 15:45, 16:15 e 16:45.

Ao remate do partido, os servizos con saída de San Marcos ás 19:00 e 19:30, accederán ao estadio para o regreso.