tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de inverno 2014-2015 no transporte urbano

03/09/14

O vindeiro luns 8 de setembro comezan a aplicarse os horarios de inverno no transporte urbano.

Desde TUSSA, empresa municipal de xestión do transporte urbano en Santiago, comunicamos que o vindeiro luns, día 8 de setembro, producirase o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano.

Nesta nova tempada atendéronse diversas peticións das asociacións de veciños para adaptar as frecuencias ás necesidades dos cidadáns e establecéronse novas relacións de mobilidade, adaptando por tanto a rede de transporte á situación actual dos centros xeradores e atractores de viaxeiros. Os cambios máis destacados son os seguintes:



Liña 1: cemiterio de Boisaca – hospital Clínico
Os domingos e festivos, a primeira saída do cemiterio con dirección ao hospital pasa das 7.30 ás 7.20 horas para dar unha mellor cobertura ao centro hospitalario. Así mesmo, e atendendo tamén ás peticións recibidas, a saída das 15.00 horas do hospital Clínico pasa ás 15.10 horas.



Liña 5: Vite – A Rocha
Os sábados laborables en horario de mañá, adáptase o servizo para asegurar a frecuencia de 20 minutos na liña.



Liña 6: San Marcos – Os Tilos
A petición dos usuarios, a saída dos Tilos das 7.10 pasa a realizarse ás 7.00 horas. Os servizos a Vilamaior aumentan a 10 expedicións en días laborables e a 3 en sábados laborables. Dáse un impulso á zona, cubrindo deste xeito de maneira efectiva tanto aos veciños como á área administrativa situada nese enclave.





Salientar a incorporación de dúas novas paradas na contorna de Bando, segundo a petición realizada pola asociación de veciños.



Liña 15: Campus Norte – avenida de Barcelona
Esta liña, os sábados laborables contará nesta nova tempada cunha frecuencia de 60 minutos.

Liñas C5 – C6: circulares ao polígono de Costa Vella

Mudan o percorrido no seu tramo final (polígono de Costa Vella), dando cobertura ás novas instalacións comerciais da zona. Deste xeito, neste tramo final, pasa a ser circular, mantendo a mesma cabeceira na rúa Eslovenia. Esta reestruturación xeográfica permite atender de xeito principal as zonas de maior demanda da liña fronte aos servizos á zona superior do polígono que contaban con escasos usuarios. Créanse dúas novas paradas, unha na rúa de Amio e outra na rúa Eslovenia.

 

Os horarios pódense consultar no enlace que se achega. Así mesmo lembramos a todos os usuarios que poden consultar calquera dúbida no 901 12 00 54 ou ben a través dos nosos perfiles en Twitter e Facebook.


Documentación