tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

Desvíos nas liñas de transporte debido ás obras da rúa Basquiños

14/08/14

Debido ás obras da rúa Basquiños, o próximo luns día 18, as liñas de transporte urbano utilizarán como vía alternativa as avenidas de Xoán XXIII e Coimbra, manténdose igual o resto da estrutura xeográfica da liña.

As paradas que quedan temporalmente sen servizo son:

Parada 366 – Pastoriza nº 103 A

Parada 125 – Basquiños nº 28

Parada 367 – Pastoriza nº 22

Recomendamos a todos os usuarios que utilicen as paradas de San Caetano, Ánxel Casal e Santa Clara.

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas